Hasiera > Hugoenea
Hugoenea
Esperanza Mariño
Vencellada por raíces familiares e primeiras vivencias á Pobra do Caramiñal, despois de varios anos en Asturias e xa de volta no lar, Esperanza Mariño Davila (Santiago de Compostela, 1963) obtén a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade compostelá. Desde aquela, exerce como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, para na actualidade traballar no IES de Cacheiras. Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED e A Freita (da "Mesa prá Defensa del Galego de Asturias"). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas, Encontros, cte., dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Prologou dúas obras: a edición facsímile da novela Da emigración (1993) do pobrense A. Paz Míguez e mais o poemario de C. Veiguela A Vida Sempre e Sobre Todo (2001). Recentemente publicou o 'Dicionario' María Mariño. Da relación ininterrompida con Asturias -tanto a de lingua galega como asturiana- naceu así mesmo a colaboración como crítica, narradora e tradutora nas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura, constituíndo polo de agora un caso insólito en Galiza e sendo por iso convidada a participar de xeito activo na V Xunta de Escritores Asturianos. En canto á faceta da creación, escribiu numerosos relatos breves nas revistas O Espello e Pontigo; tamén colabora con regularidade en Dorna. Ten participado nos volumes colectivos Homenaxe a Uxío Novoneyra, Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte.Curriculuma: jaitsi
Lagina: jaitsi
Prentsa dosierra: jaitsi
Prentsa dosierra: jaitsi
Prentsa dosierra: jaitsi
Pasaiariaren oparia: jaitsi